1. Completa o formulario

Inclúe tantos detalles como sexa posible, e especifica as especialidades nas que desexas cursar.

2. Avaliamos a túa solicitude

O festival reunirase nunha comisión para decidir as aceptacións das inscricións unha por unha.

3. Recibirás a confirmación

Ao completar os dous requisitos o alumno recibirá un e-mail de confirmación de aceptación como alumno en Son As Pontes.

O Festival de música clásica As Pontes está deseñado para a participación dos alumnos nas súas tres clases maxistrais individuais, grupais ou as dúas variantes dependendo do tipo de matrícula que seleccione, ao longo de seis días. Dentro do ciclo de novos intérpretes os músicos seleccionados terá a posibilidade de ter un pianista acompañante para que realicen os seus recitais nos lugares habilitados.

Para matricularse únicamente hai que completar o formulario de inscrición.

PREzOS

165€

Instrumento

90€

Cámara

230€

Instrumento + Cámara

Preguntas frecuentes

O hostal Fornos ofrece aos alumnos matriculados no curso a opción de durmir en habitación compartida por 19 euros ao día. Está a 500 metros do centro da cidade e a 800 metros do conservatorio.

A organización ofrece a posibilidade para comer e cear no restaurante Teresa polo económico prezo de 16 euros (8+8 por se só se quere unha comida ao día) por persoa con primeiros, segundos, sobremesa e café. Está a un quilómetro de distancia do conservatorio e a 180 metros do hostal Fornos.

https://casateresarestaurante.es